Almorzo cooperativo virtual: oportunidades para a economía social nas políticas públicas

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

ALMORZO COOPERATIVO VIRTUAL: OPORTUNIDADES PARA A ECONOMÍA SOCIAL NAS POLÍTICAS PÚBLICAS
 

Data: o 17 de marzo de 2021

Horario: de 12:00 a 14:00 h

Modalidade: en liña (plataforma virtual)  

Duración: 2 horas

Destinatarios: 

  • Cooperativas de EspazoCoop, do sector asesorías e consultorías.

Obxectivos: 

  • Desenvolver un encontro que poida servir para que as participantes accedan a información na temática a abordar. Trátase dun encontro informativo e de intercambio con cooperativas da Sectorial de Asesorías de EspazoCoop, entre outras.

Programa:

12:00 h. - Benvida das persoas e entidades.

A continuación:
- Accións para mellorar a competitividade de empresas cooperativas e de economía social.
- Oportunidades de negocio e actividade económica.
- Retos a abordar e respostas dende as consultorías e as asesorías.
- Coordinación da dinamización da sectorial.

14:00 h. - Peche da sesión. 

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición  / tino@espazo.coop 881 887 456

 

Mércores, 17 March, 2021 - 12:00 to 14:00

Compartir