Encontro CEGASAL: A economía social á abordaxe da compra pública
Cegasal, a través da Rede Eusumo e dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social", organiza este encontro:
A ECONOMÍA SOCIAL Á ABORDAXE DA COMPRA PÚBLICA
Data: 10 de setembro
Horario: de 09:30 a 11:00 horas
Modalidade: en liña
Destinatarios: Axentes da Economía social e persoal ao servizo das distintas administracións públicas con funcións nos procedementos de contratación
Obxectivo: Difundir un maior coñecemento das posibilidades de participación das entidades sociais nos procedementos de compra pública e dar a coñecer as vías (directas e indirectas) a través das que as entidades sociais poidan ter un maior peso na compra pública e as entidades públicas poidan cumprir a lexislación de contratos.
Programa formativo: O encontro divídese nos seguintes apartados:
1. Unha cuestión preliminar - as consultas ao mercado ¿que son?¿como beneficiarnos?
2. As vías directas de acceso á compra pública - os contratos reservados da DA 4ª e 48ª.
3. As vías indirectas de acceso á compra pública:
- Criterios sociais e ambientais que xa están no ADN das entidades sociais.
- A división en lotes como mellora da accesibilidade.
- A subcontratación como vía de colaboración público/privada.
4. ¿Que pasa si algo non nos gusta? - A posibilidade de interpoñer recurso.
5. Unha reflexión final.
Inscrición:
- Gratuíta
- A través desta ligazón.
Preme aquí para visualizar o programa completo.