Encontro entre cooperativas: Comparte necesidades de financiamento. Que solucións temos?

Espazocoop, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade:

ENCONTRO ENTRE COOPERATIVAS - Comparte necesidades de financiamento - Que opcións temos nas finanzas? #SaímosCooperando
 

Data: 30 de xuño

Horario: de 09:30 a 11:30 horas

Duración: 2 horas

Modalidade: formacion en liña a través de Zoom

Destinatarios: cooperativas socias de Espazocoop e outras cooperativas galegas.

Obxectivos: 

- Avanzar nos contidos do Programa #SaimosCooperando.
- Pór en común e intercambiar información sobre experiencias e boas prácticas sobre necesidades de financiamento, alternativas de financiamento ético de base cooperativa, actividades susceptibles de financiamento vía crowdfunding, coherente cos obxectivos do Programa.
- Xerar un espazo de coñecemento mútuo e promoción de posíbeis accións de cooperación entre as cooperativas e persoas participantes aproveitando as sinerxias dos encontros.

Programa:

09:30 h - Benvida e presentación breve das persoas e cooperativas participantes.
09:45 h - Presentación dos Obxectivos do Encontro no marco do programa #SaimosCooperando – Edición 2021.
10:00 h - Presentación dos servizos e actividades actualizados das entidades Coop57, Fiare, Goteo.
11:15 h - Coloquio e intercambio de boas prácticas.
11.30 h - Peche do encontro.

Inscricións:

- Gratuíta
- Mais informacion: www.espazo.coop / 881 887 456

 

Mércores, 30 June, 2021 - 09:30 to 11:30

Compartir