CEPES elabora a primeira Guía sobre contratación pública de entidades e empresas da economía social adaptado á nova Lei de contratos do sector público

A Confederación Empresarial Española de Economía Social  (CEPES), entidade de referencia na defensa e posta en valor da economía social, editou a primeira Guía sobre compra pública responsable e do fomento da contratación pública de entidades e empresas de Economía Social.

Esta guía analiza en profundidade o panorama normativo surxido tras a aprobación e entrada en vigor da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, dende unha perspectiva de contratación pública responsable e dirixida ao fomento da contratación pública das entidades da Economía Social.

Este documento foi elaborado cun enfoque práctico e directo, analizando as posibilidades que ofrece o novo marco xurídico e resolve as dúbidas máis habituais nas licitacións. Así mesmo, incorpora como proposta modelos de cláusulas susceptibles de ser incorporadas nos pregos de contratación pública con plenas garantías xurídicas.

Podedes descargar o documento nesta ligazón: Guía sobre compra pública responsable e do fomento da contratación pública de entidades e empresas de Economía Social

 

 

 

 

 

Martes, 10 April, 2018 - 16:45

Compartir