Kit dixital de ferramentas útiles para as entidades de economía social | Edición III

Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por iso lanzamos a terceira edición do curso ‘Kit dixital de ferramentas útiles para as entidades de economía social’.

Esta actividade ten unha duración de 40 horas e deberase completar entre o 1 e o 15 de decembro de 2022 a través da plataforma en liña ‘Campus Eusumo’.

O obxectivo desta formación é ofrecer ao alumnado de forma sinxela e simple información sobre as principais ferramentas para facilitar a xestión das entidades de economía social, así como facilitar o traballo colaborativo e a organización dentro da entidade.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas desempregadas, persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia e público en xeral.

programa formativo estrutúrase da seguinte maneira:

MÓDULO 1. Ferramentas transversais e de organización

  • Ferramentas de optimización de arquivos
  • Ferramentas de almacenamento na nube
  • Ferramentas de xestores de contrasinais
  • Ferramentas de automatización
  • Ferramentas de xestión de tarefas e proxectos

MÓDULO 2. Ferramentas de comunicación

  • Ferramentas para a xestión das redes sociais
  • Ferramentas de aplicacións de programación e seguimento de redes sociais
  • Ferramentas de envíos de newletters
  • Ferramentas de comunicación interna dentro das entidades
  • Ferramentas de videochamadas e reunións virtuais

MÓDULO 3. Ferramentas para a venda en liña

  • Como crear unha tenda en liña na túa entidade de economía social
  • Ferramentas de interese para a venda en liña da túa entidade
  • Outra opción de venda en liña: O marketplace

MÓDULO 4. Ferramentas de deseño e outros recursos para o deseño dos elementos corporativos

  • Ferramentas para xerar presentacións e infografias
  • Outros recursos

MÓDULO 5. Ferramentas para xerar vídeos e gravar a pantalla do ordenador

As inscricións estarán abertas ata completar prazas e faranse seguindo estos pasos:

  1. Rexistrarse, se aínda non o fixeches, en Campus Eusumo (nova plataforma de teleformación da Rede Eusumo)
  2. Automatricularse no curso dentro da plataforma

Consulta o cartel da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Xoves, 1 December, 2022 - 00:00 to Xoves, 15 December, 2022 - 23:45

Compartir