I Encontro Universidade Economía Social

I Encontro Universidade Economía Social

O Foro UES pretende sentar as bases dunha colaboración estable entre a academia e a economía social de Galicia. Dita experiencia é o primeiro paso de cara á configuración dun proceso participativo de posta en común de experiencias, inquedanzas e perspectivas por parte dos membros da comunidade universitaria e das entidades que forman parte da economía social en Galicia, unidas polo interese común do pulo a este sector.

Data: 08/11/2018

Lugar: Salón de grados da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC.

Obxectivo: Cunha óptica multidisciplinar e transformadora se intentará vertebrar dúas realidades –teoría e práctica- que traballan paralelas pero non sempre coordinadas, co fin de establecer obxectivos conxuntos a partir dunha identificación tamén conxunta de retos e necesidades que podan ser abordadas de xeito cooperativo. Asemade, se pretende dar a coñecer ou deseñar ferramentas facilitadoras de transferencia de coñecementos entre a academia e a economía social.

Finalidade:
• A identificación de necesidades e expectativas que as entidades de ES podan demandar da Universidade.
• A mellora da atracción e participación da comunidade universitaria na ES.
• A creación de ferramentas útiles de colaboración entre a Universidade e a ES.

Inscricións: 981558008 / eusumo.emprego@xunta.gal


O Foro nace por iniciativa do CECOOP e da Rede Eusumo, pero con vocación de transcendencia cara a sociedade civil.

 

Xoves, 8 November, 2018 - 09:30 to 14:00

Compartir