Webinar sobre economía social
A Rede Eusumo organiza, en colaboración coa oficina de emprego de Cambados, a seguinte actividade:
WEBINAR: FÓRMATE E APOSTA POLA ECONOMÍA SOCIAL!
Data: 1 de xullo
Horario: de 10:00 a 11:15 horas
Modalidade: en liña
Obxectivo: amosar as vantaxes e particularidades da economía social e o cooperativismo ao público en xeral, pero en particular a aquelas persoas que pretenden apostar por emprender a través deste tipo de fórmulas.
Público obxectivo: público en xeral que estea interesado en coñecer as alternativas que ofrece a economía social, así como os apoios e axudas existentes.
Inscrición:
- Gratuíta
- Prazo para inscribirse ata o 29 de xuño
- Accede ao formulario de inscrición
Descarga aquí o folleto para coñecer o programa completo.
Mércores, 1 July, 2020 - 10:00 to 11:15