Obradoiro: A fórmula cooperativa como empresa: Autoemprego cooperativo

Agaca a través da Rede Eusumo organiza o seguinte obradoiro:

A FÓRMULA COOPERATIVA COMO EMPRESA: AUTOEMPREGO COOPERATIVO

Datas: 6,8,13,15 e 20 de outubro

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Modalidade: en liña

Destinatarios: persoas que busquen emprender.

Obxectivos:

- Axudar na posta en marcha de oportunidades de emprendemento
- Achegar o modelo cooperativo e das empresas da economía social e as súas caracteristicas básicas e diferenciadoras a persoas con formación en xestión empresarial.
- Amosar dende a práctica as condicións necesarias para a xestión deste modelo.
- Contribuír a que se coñeza e valoren as cooperativas e as empresas da economía social e as súas achegas sociais e económicas.
- Dar a coñecer os recursos e ferramentas ao dispor das persoas socias e dos equipos técnicos das cooperativas e empresas da economía social.
- Dar visibilidade ás posibilidades da economía social e do cooperativismo para xerar emprego estable.

Programa:

Sesión 1º: A COOPERATIVA COMO EMPRESA
1. Introdución e obxectivos
2. As empresas excelentes
3. Prácticas en cooperativas con visión empresarial

Sesión 2º: ASPECTOS BÁSICOS DE COMERCIALIZACIÓN E MARKETING
1.Introdución e obxectivos
2. O mercado actual, situación competitiva de produtos e servizos
3. Marketing dixital e comercio electrónico
4. O proceso de internacionalización, apertura de mercados.

Sesión 3º: REGULACIÓN DA COOPERATIVA: LEI 5/98 DE COOPERATIVAS
1. Introdución e obxectivos
2. Normativa aplicable
3. Clases de cooperativas
4. Estrutura dos estatutos sociais. Regulamento de réxime interno
5. Réxime económico da cooperativa
6. Políticas e órganos sociais

Sesión 4º: CONCEPTOS EMPRESARIAIS BÁSICOS
1. Introdución e obxectivos
2. Aspectos fiscais básicos
3. Aspectos contables básicos
4. Aspectos laborais básicos.

Sesión 5º: HABILIDADES DIRECTIVAS
1. Introdución e obxectivos
2. Toma de decisións
3. Reunións eficaces
4. Resolución de conflitos

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do 981 584783 ou agaca@agaca.coop

Se queres visualizar o programa completo preme aquí.

 

Martes, 6 October, 2020 - 16:00 to Martes, 20 October, 2020 - 19:00

Compartir