Axudas funcionamento entidades asociativas de economía social (Convocatoria 2021) - PECHADO O PRAZO

Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.

Entidades beneficiarias: poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:

  • As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuación previstas no programa I.
  • As asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.

Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I: Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II: Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Gastos subvencionables: considéranse gastos de funcionamento subvencionables, entre outros, os que se indican a continuación:

  1. Alugueiros de locais e equipamentos
  2. Gastos de persoal da asociación
  3. Axudas de custo e desprazamento
  4. Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga
  5. Primas de seguros
  6. Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas
  7. Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade
  8. Servizos profesionais independentes
  9. Cotas asociativas a entidades de intercooperación
  10. Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.

Prazo de presentación de solicitudes: finaliza o 22 de febreiro de 2021

Para consultar a orde, preme aquí.

Podes consultar o folleto asociacións 2021 aquí.

 

Xoves, 21 January, 2021 - 16:00 to Luns, 22 February, 2021 - 16:00

Compartir