Como innovar? Recursos e estratexias

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza o seguinte programa especializado en formación xerencial:

COMO INNOVAR? RECURSOS E ESTRATEXIAS
 

Datas: do 6 ao 22 de xullo

Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación

Horario: celebraranse cinco sesións virtuais de aprendizaxe os días 7, 8, 14, 15 e 21 de xullo en horario de 12:00 a14:00 horas.

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas socias e asalariadas de cooperativas afiliadas a EspazoCoop, outras cooperativas, empresas de economía social e público interesado enxeral.

Obxectivos:

- Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
- Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
- Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
- Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.

Programa formativo:

  1. A innovación nas pequenas e medianas cooperativas
    • Análise de procesos na proposta de valor da empresa
    • Introducción ao deseño demodelos de negocio (lean startup)
  2. Como innovar?
    • Design Thinking e deseño centrado no usuario/a
    • Prototipado e testeo: equivócate rápido e barato
    • Deseño de modelos de negocio
    • A metodoloxía agile aplicada á innovación
  3. Colaborar para innovar.
    ​• Estratexias de colaboración entre empresas
    • Ferramentas dixitais colaborativas
  4. Boas prácticas para incorporar a innovación na cultura da empresa
  5. Ximnasia creativa

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario

- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Venres, 2 July, 2021 - 12:00 to Xoves, 22 July, 2021 - 14:00

Compartir