Prepara o teu proxecto! CICLO DE WEBINARs ONLINE

FINALIDADE

A través de 4 webinars temáticos pretense abordar aspectos relevantes para a preparación das persoas promotoras no trascurso do inicio do seu camiño emprendedor; analizando a situación do modelo de negocio, as oportunidades de financiamento, ampliando as súas habilidades de xestión e comunicativas.

PÚBLICO OBXECTIVO

Persoas emprendedoras, desempregadas, socias e traballadoras de entidades de economía social, así coma público en xeral que este interesado en emprender e en mellorar as súas habilidades de xestión e comunicación para impulsar os seus proxectos de emprendemento.

PROGRAMACIÓN

  1.   16 DE DECEMBRO de 10:00 a 11:00 h -  Traballa sobre o modelo de negocio da túa entidade de economía social
  2.   17 DE DECEMBRO de 10:00 a 11:00 h -  Prepárate para solicitar as axudas APROL economía social
  3.   20 DE DECEMBRO de 10:00 a 11:00 h -  ToolKits de balde para a xestión da túa entidade de economía social. Ferramentas dixitais
  4.   21 DE DECEMBRO de 10:00 a 11:00 h -  Organiza as túas canles para ás rebaixas; Claves para facernos visibles e vender mais na Web e redes

    Webinars gratuítos.     

    Inscrición aberta ata o día antes do webinar.

    Ligazón de inscrición: https://bit.ly/preparaoteuproxecto  ou en eusumo.emprego@xunta.gal

     

    Venres, 3 December, 2021 - 14:45

    Compartir