Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos CEE

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras de axudas para a realización do Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE). Trátase dunha convocatoria plurianual (2023-2026).

A finalidade desta convocatoria é capacitar persoas con discapacidade intelectual para mellorar a súa inserción profesional, a través dunha formación adaptada, que se alterne co emprego, e que habilite a obtención de certificados de profesionalidade.

Esta convocatoria está dirixida aos centros especiais de emprego que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar cualificados sen ánimo de lucro
  • Contar cun mínimo de 10 persoas traballadoras (30% con discapacidade intelectual)
  • Ter solicitado o inicio da actividade formativa para a impartición da formación profesional dual, mediante a contratación por conta allea de persoas con discapacidade intelectual desempregadas, na modalidade de contrato para a formación en alternancia

As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos proxectos de formación dual (máximo 2 proxectos), os cales deberán estar orientados á obtención de diferentes certificados de profesionalidade, por cada CEE.

A presentación das solicitudes deberá facerse mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia ata o 30 de novembro de 2023.

Antes de presentar a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.

 

Descarga o folleto do programa

 

Xoves, 30 November, 2023 - 23:45

Compartir