Nova edición da guía 'A cooperativa: unha empresa 10'

A cooperativa:unha empresa 10, é unha guía de fácil lectura que ten como obxectivo animar a emprender e facelo de xeito cooperativo á vez que comézase a informar aos emprendedores sobre as principais aspectos que caracterizan ás cooperativas. Esta guía está composta polos seguintes capítulos:

•    Razóns para emprender: Animando ao emprendedor a buscar o autoemprego.
•    Motivos para apostar por unha cooperativa: Fomentando o autoemprego cooperativo.
•    Diferenzas con outras formas xurídicas: Amosando as particularidades das cooperativas con outro tipo de sociedades.
•    Valores cooperativos: Facendo referencia aos valores nos que se fundamentan as cooperativas.
•    Características que definen ás cooperativas.
•    Cuestións legais que afectan ás cooperativas.
•    Trámites para pór en marcha unha cooperativa.
•    Incentivos e axudas públicas destinadas ás cooperativas.
•    Directorio cos servizos de apoio ás cooperativas.

Descargue o manual A cooperativa:unha empresa 10

Mércores, 22 March, 2017 - 17:30

Compartir