Nova edición: Lánzate a emprender en cooperativa

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA
 

Datas: do 7 ao 10 de xuño

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Modalidade: presencial

Lugar: Viveiro de Empresas, Noal, 26, Porto do Son (A Coruña)

Duración: 20 horas

Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social, persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento en cooperativa, persoas interesadas en formar parte de empresas participativas e todas as persoas interesadas na aprendizaxe práctica das habilidades para o traballo en equipo.

Obxectivos: 

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial ás persoas desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Módulos formativo:

Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2: Características das empresas cooperativas
Módulo 3: Organización cooperativa
Módulo 4:  Constitución e experiencias cooperativas.

Inscricións:

- Gratuíta
- Máis información en jose.pazo@portodoson.gal 981 86 74 12 (Ext: 1302)

Se queres visualizar o  cartel preme aquí.

 

Martes, 7 June, 2022 - 09:30 to Venres, 10 June, 2022 - 14:30

Compartir