Novo manual de RSE para a economía social
Xa está dispoñible o novo manual de RSE para a Economía Social presentado onte na Cidade da Cultura en Santiago, nun acto inaugurado pola Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús.
O Manual de RSE en entidades de economía social elaborado pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo facilitar a comprensión dos principais estándares e referencias en materia de RSE, axudando á posta en marcha de actuacións responsables e estratexicamente competitivas por parte das entidades que conforman o sector da economía social en Galicia.
Conceptos como a xustiza, equidade, integración social, dereitos humanos... que se incorporaron ao mundo da empresa a través da responsabilidade social como modelo de xestión empresarial, coinciden plenamente cos principios fundamentais das entidades de economía social que apostan pola persoa por encima do capital social, a repartición de beneficios con criterios colectivos, a organización democrática das estruturas de gobernos e a solidariedad coa contorna.
Podes descargar o novo manual aquí aquí