O emprendemento e as empresas de inserción laboral

Aeiga, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade:

O EMPRENDEMENTO E AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL
 

Datas: do 26 ao 30 de outubro

Horario: de 09:00 a 14:00 horas

Lugar: no Cersia Empresa, rúa Alcalde Raimundo López, Pol. s/n, Santiago de Compostela

Destinatarios: toda persoa interesada, persoas cunha idea de proxecto empresarial, entidades de iniciativa social que traballen no ámbito da inclusión sociolaboral de colectivos en risco ou situación de exclusión social, persoas en risco o situación de exclusión social e poboación en xeral.

Duración: 25 h

Obxectivos:

- Difundir e sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia, así como das outras figuras xurídicas principalmente da economía social
- Apoiar e promover a creación de novas empresas ordinarias e de novas empresas de inserción en Galicia
- Complementar a formación técnica e práctica dos futuros profesionais das áreas xurídica, económico-empresarial e social
- Fomento do espírito emprendedor.

Programa formativo:

Luns 26 de outubro: Organización empresarial

  • A idea de empresa, o emprendemento, o plan de empresa
  • Documentación básica na empresa

Martes 27 de outubro: Organización empresarial

  • A forma xurídica da empresa
  • O Réxime Especial de Traballadores Autónomos
  • Aspectos básicos da fiscalidade da empresa
  • Estrutura organizativa e xestión de RRHH

Mércores 28 de outubro: Marketing e comercialización

  • Mercado: clientes, competencia e provedores
  • Ferramentas básicas da mercadotecnia
  • Habilidades para o trato ao cliente

Xoves 29 de outubro: Análise económico

  • Financiamento (tipos)
  • Plan económico e viabilidade económica financeira
  • Subvencións e axudas (características, trámites e tipos)

Venres 30 de outubro:

BLOQUE I: A Empresa de inserción laboral
1. ​Concepto de empresa de inserción laboral
2. Entidades promotoras de empresas de inserción laboral
3. Procedemento de constitución e cualificación
4. Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción laboral
5. Elaboración do proxecto de empresa de inserción
6. Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de inserción laboral.

BLOQUE II: O traballador en inserción

1. Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción
2. Factores de exclusión social
3. Características da contratación. O contrato en inserción
4. Itinerarios e convenios de inserción.

BLOQUE III: A promoción das empresas de inserción

1. Axudas ás empresas de Inserción Laboral en Galicia.

Inscricións:

- Gratuíta

- A través de aeigagalicia@aeiga.org

Para máis información: www.aeiga.org / 881 957452 / 698 120 455

 

Luns, 26 October, 2020 - 09:00 to Venres, 30 October, 2020 - 14:00

Compartir