O márketing dixital | Edición IV

Desde a Rede Eusumo seguimos apostando pola formación no eido da economía social, por esta razón, lanzamos unha nova edición do curso "O márketing dixital. Traballa as estratexias de comercialización da túa entidade de economía social".

A 4ª edición deste curso gratuíto de 20 horas levarase a cabo entre o 16 e o 30 de maio de 2023 a través da plataforma Campus Eusumo.

O obxectivo desta formación é facilitar novos métodos de márketing e comunicación ás empresas de economía social.

Está dirixido a grupos promotores, persoas interesadas en emprender e membros de entidades de economía social.

O programa formativo é o seguinte:

MÓDULO 1: O ecosistema dixital e o plan de márketing​

MÓDULO 2: Creación do proxecto web. Consideracións e tendencias

MÓDULO 3: Redes sociais, márketing de contidos e monitorización en liña

MÓDULO 4: Display e social ads. Unha nova forma de publicitarse

MÓDULO 5: Posicionamento SEO

MÓDULO 6: Email marketing & Mobile marketing

MÓDULO 7: Analítica web

As inscricións estarán abertas ata o 15 de maio de 2023 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Consulta o cartel compleo da formación.

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

 

Martes, 16 Maio, 2023 - 00:00 to Martes, 30 Maio, 2023 - 23:45

Compartir