Obradoiro: Lánzate a emprender en cooperativa

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA EN PORTO DO SON

 

Datas: 11/12/19 - 13/12/19

Horario: 09:30 a 14:30 horas

Lugar: Viveiro de Empresas, rúa Noal 26, Porto do Son, A Coruña.

Destinatarios: Persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias/os e persoal de cooperativas.

Obxectivos: 

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial ás persoas desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Programa formativo:

Módulo 1.- O emprendemento
Módulo 2.- O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego
Módulo 3.- Organización e fnanciamento
Módulo 4.- Experiencia cooperativa

Inscricións:

- gratuíta
- a través do jose.pazo@portodoson.gal / 981 867412 ext. 1302

Se queres coñecer o cartel preme aquí.

 

Mércores, 11 December, 2019 - 09:30 to Venres, 13 December, 2019 - 14:30

Compartir