Presentación do núcleo da colaboración social nos produtos de proximidade

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra e a Universidade de Vigo organizan a xornada "Presentación do núcleo da colaboración social nos produtos de proximidade" no marco da Rede Eusumo.

Data: 24 de outubro

Horario: de 16:30 h a 20:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: Sede de Craftium (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)

Obxectivo: Presentar a creación do Núcleo de Colaboración Social nos Produtos de Proximidade, explicando a súa misión, obxectivos e funcionamento. O núcleo busca fomentar a economía social no sector agroalimentario, promovendo produtos locais e modelos de alimentación sustentable, e facilitando a colaboración entre produtores, cooperativas e consumidores para impulsar o desenvolvemento comunitario e a soberanía alimentaria.

Programa:

16:30 h - 17:00 h | Recepción asistentes

17:00 h - 17:15 h | Presentación do Núcleo de Colaboración Social nos Produtos de Proximidade

17:15 h - 18:00 h | Paco y Lola

18:00 h - 20:30 h | Xornada aberta: "Explota o núcleo de colaboración social nos produtos de proximidade"

Persoas destinatarias:

  • Persoas emprendedoras, preferentemento do eido da economía social
  • Novas empresas e persoas interesadas no eido da proximidade e da economía social

Máis información: no correo info@ajepontevedra.com ou no teléfono 986 862 550

 

Descarga o programa

 

Xoves, 24 October, 2024 - 16:30 to 20:30

Compartir