Primeiro almorzo informativo polo desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva na Costa da Morte

Cegasal organiza o primeiro dos almorzos informativos que fará dentro das actividades 2020 previstas na Rede Eusumo:

ALMORZO INFORMATIVO POLO DESENVOLVEMENTO DUNHA CULTURA EMPRESARIAL INCLUSIVA NA COSTA DA MORTE

 

Data: 13/11/2019

Horario: 10:00 horas

Duración: 01:30 horas

Lugar: Hotel Punta del Este, avenida de Malpica 125, Carballo

Obxectivos: 

Debido a que o 9 de marzo do 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, Lei que ten como obxectivo fundamental implementar en España unha contratación pública socialmente responsable e introducindo como finalidade da contratación pública o cumprimento de principios de integridade e promoción de aspectos sociais como medio de lograr a transparencia, igualdade, concorrencia e unha mellor relación calidade prezo.
Dende Cegasal organizan un almorzo informativo, no que se expoñerán os recursos dos que dispón a administración para empregar na contratación pública, apoiando as posibilidades de emprego das persoas con discapacidade e cumprindo as obrigas que define a LCSP, que son:

  •          Reserva de contratos a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción (disposición adicional 4ª da LCSP)
  •          Reserva de contratos se servicios de carácter social, cultura e de saúde (disposición adicional 48ª da LCSP)
  •          Reserva de lotes.
  •          Incorporación de cláusulas sociais

Ademais, tamén se introducen outros aspectos como por exemplo a prohibición de contratar co Sector Público a aquelas empresas de máis de 50 empregados que non cumpran coa cota legal do 2% de persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal.

Destinatarios: para favorecer a implantación destas ferramentas, Cegasal abre este espazo de debate coas persoas responsables da contratación a nivel local, por ser protagonistas indiscutibles na posta en práctica destas novidades. En concreto, esta xornada está destinada a todos os alcaldes e secretarios dos Concellos da Costa da Morte.

Trataranse as seguintes cuestións:

  • ​Contratación de persoas con discapacidade
  • LISMI
  • Nova lei de contratos do sector público

Participacións:

Participarán dous expertos en contratación, Elena Barba Pan (secretaria da xunta consultiva de contratación da Xunta de Galicia) e Concepción Campos Acuña (secretaria da administración local do Concello de Vigo), ademáis do administrador único de MaisPorvir, Adolfo Baña, o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo e Jose Antonio Vazquez, presidente de Cegasal.

Podes solicitar a túa asistencia a través de: info@cegasal.com

Mércores, 13 November, 2019 - 10:00 to 11:30

Compartir