Programa de Formación en Agro-Gandería

A Fundación Impulsarse organiza a actividade "Programa de Formación Agro-Gandería" no marco da Rede Eusumo.

Trátase dunha formación en agricultura e gandería que pretende ser de axuda para as persoas participantes na súa busca de emprego dentro do sector.

O programa constará de dous bloques. Un estará centrado na formación teórico-práctica e o outro consistirá en realizar visitas a diversas entidades agropecuarias.

Esta actividade está destinada a mozos e mozas que sexan menores de 30 anos e que teñan interese en traballar no rural en explotacións cooperativas de agricultura e gandería.

A formación levarase a cabo entre o 28 de agosto e o 8 de setembro de 2023 de forma presencial na Avenida Camelias 42, baixo, 36205 Vigo. O horario será de 9:30 h a 14:30 h.

Ademais, entre o 11 e o 22 de setembro realizaranse as visitas as explotacións agropecuarias.

Consulta o cartel da formación.

Para inscribirte ou solicitar máis información contacta a través de orientacion@fundacionimpulsarse.es

 

Luns, 28 August, 2023 - 09:30 to Venres, 8 September, 2023 - 14:30

Compartir