Programa IN-TEAMS 2023

A Universidade de Vigo xunto con AJE Pontevedra organizan o programa IN-TEAMS, un programa de emprendemento que busca favorecer a creación de equipos e proxectos empresariais que traballarán sobre ideas de negocio ou resultados de investigación do Campus Crea para crear proxectos empresariais viables que se constitúan en entidades de economía social.
Esta actividade consiste en:
- Crear proxectos empresariais en base a túa idea de negocio ou conforme a resultados de investigación do Campus Crea da UVigo.
- Compartir coñecementos, competencias e habilidades cun equipo multidisciplinar.
- Formación especializada, orientada a mellorar capacitación empresarial, sectorial e as habilidades soft-skills das persoas participantes.
- Apoio de persoas expertas que te axude a construír un proxecto empresarial viable.
- Espazos de traballo colaborativo nos que desenvolver un proxecto empresarial.
Persoas destinatarias:
- Alumnado de posgrao, máster ou doutoramento e persoas egresadas
- Persoal colaborador ou integrado en grupos de investigación
- Alumnado dos últimos anos de licenciatura ou grao
- Público en xeral con ideas de emprendemento e inquedanzas
Fases do programa:
1. Selección de participantes e definición dos grupos de traballo
2. Presentación das ideas de negocio e equipos
Evento de presentación das persoas integrantes dos equipos e asignación de ideas propias das persoas participantes ou dos resultados de investigación.
3. Actividades do programa
- Sesións formativas de asesoramento para o desenvolvemento do plan de empresa e para a mellora da capacitación das persoas.
- Puntos de control con persoal mentor especializado.
4. Entrega do Plan de empresa
Documento avaliativo polo Comité coordinador.
5. Selección de persoas galardoadas
Acto de defensa do plan de empresa en outubro de 2023. As persoas integrantes do grupo defenderán o proxecto ante un xurado.
6. Entrega de premios
Evento de entrega de premios ao primeiro e segundo mellor proxecto.
1º premio: 750 €
2º premio: 500 €
Para coñecer o calendario coas distintas accións previstas no programa, preme nesta ligazón.
As inscricións realízanse a través deste formulario ata o 7 de setembro ás 14:00 horas (a data poderá modificarse por requerimento da convocatoria).
Máis información en: inteams.creaeconomiasocial.com
Podes consultar as bases do programa premendo nesta ligazón.