A RSE nas entidades de economía social | Edición I

Desde a Rede Eusumo lanzamos a 1.ª edición do curso ‘A RSE nas entidades de economía social’ como parte da nosa aposta pola formación no eido da economía social.

Datas: do 28 de novembro ao 12 de decembro

Horas: 20

Modalidade: en liña

Plataforma: Campus Eusumo

O obxectivo desta formación é dar a coñecer o concepto da RSE e todas as súas dimensións, así como a metodoloxía e ferramentas para analizar e avaliar as diferentes alternativas á hora de incorporar ou manter a RSE no modelo de negocio das entidades de economía social.

Trátase dun curso gratuíto dirixido a persoas emprendedoras, autónomas e traballadoras de entidades de economía social que estean interesadas en coñecer as diferentes estratexias, técnicas e ferramentas para implantar e mellorar a RSE das entidades de economía social.

programa formativo ten a seguinte estrutura:

MÓDULO 1. Introducción á RSE

MÓDULO 2. Os grupos de interese e stakeholders

MÓDULO 3. Estratexia interna da RSE

MÓDULO 4. Xestión da RSE

MÓDULO 5. Plan estratéxico da RSE

MÓDULO 6. Ferramentas prácticas da RSE

MÓDULO 7. A comunicación da RSE

MÓDULO 8. As novas tecnoloxías da información e o márketing social corporativo

MÓDULO 9. Inventario de accións en RSE

MÓDULO 10. Boas prácticas en RSE, entidadesde economía social

As inscricións estarán abertas ata o 27 de novembro de 2023 e faranse seguindo estes pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto a través de info@eusumo.gal

 

Descarga o cartel

 

Martes, 28 November, 2023 - 00:00 to Martes, 12 December, 2023 - 23:45

Compartir