Taller de marketing dixital e redes sociais

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela en colaboración coa Asociación Boirense de empresarios e a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
TALLER DE MARKETING DIXITAL E REDES SOCIAIS, PARA IMPULSAR O TEU NEGOCIO NO EIDO DA ECONOMÍA SOCIAL
Datas: 29 e 30 de setembro e 1 de outubro de 2020
Horario: de 09:00 a 14:00 horas
Duración: 15 horas
Lugar: Asociación Boirense de Empresarios, avda. da Constitución, 85, entrechán, Boiro.
Destinatarios: grupos promotores, persoas interesadas en emprender e membros de entidades de economía social.
Obxectivo: facilitar novos métodos de marketing e comunicación ás empresas de economía social co obxectivo de posicionar dunha forma óptima o seu proxecto e contribuír a mellorar a comercialización dos seus negocios. Obxectivos concretos a acadar:
- Elaboración dun plan de comunicación da marca persoal ou empresarial a través dun sitio web e de redes sociais, partindo dunha estratexia de elaboración de contidos.
- Comprender que lugar ocupan as redes sociais dentro do engrenaxe do teu negocio.
- Comprender a utilidade das redes sociais e como encaixan dentro do teu plan de negocio.
- Entender a necesidade ou non de ter un community manager e as diferentes opcións.
- Coñecer outras redes sociais máis alá de Facebook, Instagram e Twiter.
Hoxe en día todos os tipo de entidades económicas e tamén as entidades de economía social, deben aproveitar o conxunto de estratexias, ferramentas, técnicas e operacións que o marketing dixital ofrece e que coordinadas a través de Internet buscan aumentar as vendas dun produto ou servizo, fidelizar aos clientes actuais, captar novos clientes e xerar visibilidade e recoñecemento de marca.
Contido:
Módulo 1 - Estratexia dixital para a empresa
- Partindo de cero: os pilares sobre os que se constrúe a marca e a reputación en internet.
- Valores persoais e/ou cooperativos
- Definición de target ou público obxectivo ao que nos diriximos
- Segmentación a partir do/dos targets definidos
- Creación da mensaxe
- Claves para a construción e difusión dunha marca persoal/empresarial en internet
- A web como elemento central da nosa estratexia online. Principios básicos de deseño e requisitos mínimos en estrutura, contidos e adaptación a dispositivos móbeis.
- Papel das redes sociais como elemento de atracción e interacción
- Elementos clave do Plan de Marketing Dixital e a súa integración co marketing offline.
- Aspectos legais da presenza online.
- Aproximación o eComerce.
Módulo 2 - Cómo elaborar un plan de contidos
- InboudMarketing: atracción de potenciais clientes mediante a aportación de contidos de valor para o cliente potencial
- Que entendemos por contido de valor? ¿Como se relaciona ca nosa marca?
- Como crear contido propio atraínte en internet, especialmente nas redes sociais?
- Diferentes formatos de contido: o papel da imaxe e o vídeo
- Blog empresarial ou persoal como elemento clave.
- Como se relacionan os contidos ca miña web e como e onde deben aparecer?
- Identificación de fontes externas e internas de contido
- Como utilizar correctamente os contidos creados por terceiros
- Regras e proporcións de contido promocional, informativo, interno e externo
Módulo 3 - Uso das redes sociais como ferramenta de difusión e xeración de negocio
- Panorámica das diferentes redes sociais en España
- Público principal de cada rede social
- Creación e desenvolvemento do Plan de Redes Sociais
- En que redes sociais me interesa estar
- Regras e tipo de contidos para as diferentes redes: horarios de uso, estilos e limitacións, contidos eficaces en cada rede, primeiros pasos para gañar seguidores Facebook , Twitter, Instagram, Snapchat, Linkedln, Youtube
- Uso de WhatsApp na nosa estratexia de comunicación e coma ferramenta de atención ó cliente.
- A comunicación bidireccional: Como crear interacción cos nosos seguidores e xerar comunidade arredor da nosa marca.
- Creación e mantemento da reputación online
- Como xestionar unha crisis de reputación
- Como realizar accións promocionais nas redes sociais?
- Que tipo de contido promocional é aceptable para o usuario/seguidor?
- Que recursos necesito?
- Papel do CommunityManager
- Outros roles relacionados ca estratexia dixital: Social Media Strategist, DigitalMarketingManager, deseño gráfico e edición en vídeo, copywriter.
Módulo 4 - Sistemas de publicidade online e a súa integración na estratexia de marca
- Diferencias entre a publicidade online e a offline.
- Plataformas de publicidade online
- Google Adwords: Como crear unha campaña sinxela
- A importancia das palabras clave e a súa relación co SEO
- Publicidade de pago en redes sociais: Facebook, Twitrer e Linkedin. Vantaxes e inconvintes
- Integración da publicidade ca estratexia de contidos
- Campañas de e-mail marketing
- Accións publicitarias non convencionais:
- Marketing viral
- Streetmarketing
- Uso de Bloggers e Youtubers
Módulo 5 - Ferramentas de monitorización e seguimento
- De público a cliente: seguimento das diferentes fases do proceso de conversión
- Categorización e seguimento de clientes e leads: uso correcto das bases de datos.
- Google Analytics: Aspectos básico do funcionamento da ferramenta: control de visitas, procedencia, efectividade das redes sociais e a publicidade online, comportamento dos usuarios na web, tasa de conversión….
- Monitorización e interpretación das estatísticas das distintas redes sociais.
- Ferramentas de mellora da produtividade e de xestión de múltiples redes sociais: Hootsuite
- Creación dun cadro de mando sinxelo cos principais KPls (KeyPerformanceIndicators)
Inscricións: 981 847 888 / 981 596 800
Máis información: 981551700 / serviciotecnico@camaracompostela.com