Talleres de Design Thinking en liña - 7 e 13 de xuño

A Universidade de Vigo xunto con AJE Pontevedra organizan o concurso Crea economía social 2022.

Unha iniciativa que pretende fomentar o espírito emprendedor a través da creatividade das persoas e sobre a base dun enfoque integral (social, económico, ambiental, cultural…).

Esta iniciativa consiste en que as persoas interesadas presenten unha idea de negocio con base en principios de economía social.
Para participar deberán entregar en contacta@creaeconomiasocial.com o formulario que aparece na páxina web do concurso www.creaeconomiasocial.com ou un vídeo de non máis de 1 minuto coa descrición da idea de negocio, a necesidade que cobre, o produto ou servizo que comercializa,...

Coa finalidade de resolver as dúbidas antes de presentar a candidatura, o 7 e 13 de xuño ás 16:30 horas organízanse uns talleres de Design Thinking para abordar ideas de forma creativa:

MARTES 7 DE XUÑO de 16:30 a 19:00 h;

Taller I:  DT para solucionar problemas identificados

Taller II:  DT para o deseño de produtos e servizos adaptados a unha realidade social e económica.

LUNS 13 DE XUÑO de 16:30 a 19:00 h;

Taller III: DT para deseño de procesos de compra e venda

Taller IV: casos de éxito

Inscricións ata o 6 de xuño ás 14:00 horas

Ligazón de inscriciónhttps://bit.ly/creaideas22

Máis información en: contacta@creaeconomiasocial.com

 

Martes, 7 June, 2022 - 16:30 to Luns, 13 June, 2022 - 19:00

Compartir