Xestión de conflitos en empresas de economía social

A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

Curso "Xestión de conflitos en empresas de economía social"
 

Datas: do 9 ao 12 de novembro de 2020

Horario: de 16:00  a 20:00 horas

Modalidade: en liña

Destinatarios: emprendedores e empresari@s de economía social, cooperativistas e traballadores do sector e interesad@s en xeral que desexen profundizar na xestión interna e externa destas empresas.

Obxectivos: proporcionar coñecementos e claves para a creación dunha estratexia empresarial válida adaptada ás características básicas das chamadas empresas de economía social, e ademais, dispoñer de xeito efectivo das ferramentas necesarias para a implantación de órganos corporativos eficaces para a xestión de reunións eficientes e equipos de traballo cohesionados.

Contido formativo:

  • Características das empresas de economía social.
    Definición dos valores e principios da economía social, aspectos clave a ter en conta para os socios e socias das mesmas.
     
  • Órganos sociais de xestión: as reunións e asambleas.
    Xestión eficaz das reunións e xestión do tempo nas mesmas, o moderador. Participación responsable.
     
  • Principais causas de conflito.
    As persoas dentro da organización e as súas funcións. Metodoloxía para a identificación e prevención de problemas cotidiáns.
     
  • Instrumentación dos procedementos de negociación.
    Definición das características dun bo negociador, estratexias, técnicas e tácticas de negociación.

Inscricións: a través do seguinte formulario.

Para máis información: 982 284 150 / formacion@fundacioncel.org

Podes visualizar o programa completo premendo aquí.

 

Luns, 9 November, 2020 - 16:00 to Xoves, 12 November, 2020 - 20:00

Compartir