E ti, coñeces a fórmula? | Charla
![](https://eusumo.gal/sites/default/files/styles/large/public/EspazoCoopCharla_3.png?itok=A0ON2-NU)
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" no marco da Rede Eusumo e do Programa de Emprego, formación, educación e economía social (EFESO) do FSE+, Polo de Emprendemento do Porriño e Concello do Porriño.
Data: 26 de xuño
Horario: de 10:00 h a 13:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Polo de Emprendemento do Porriño
Obxectivos:
- Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
- Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
- Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.
Programa e contidos:
- Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
- A cooperativa dentro da economía social
- Os principios e valores cooperativos
- Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
- Emprende en cooperativa: apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo
Persoas destinatarias:
- Persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo
Inscrición: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de porrino@polosemprendemento.gal
Descarga o programa
Mércores, 26 June, 2024 - 10:00 to 13:00