Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: xestión de parque de maquinaria

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Xestión de parque de maquinaria" no marco da Rede Eusumo.

Data: 12 de xullo

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: en liña

Plataforma: Zoom

Obxectivos: 

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias con parques de maquinaria e en CUMA.
  • Promover o coñecemento de novas formas de organización e prestar servizos ás producións agrarias e gandeiras, consideradas como oportunidade de negocio.
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores.

Persoas destinatarias:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Público en xeral

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa

 

Venres, 12 July, 2024 - 09:30 to 14:30

Compartir