E ti, coñeces a fórmula? | Charla

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" no marco da Rede Eusumo e do Programa de Emprego, formación, educación e economía social (EFESO) do FSE+, Polo de Emprendemento do Porriño e Concello do Porriño.

Data: 26 de xuño

Horario: de 10:00 h a 13:00 h

Modalidade: presencial

Lugar: Polo de Emprendemento do Porriño

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Programa e contidos:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende
  • A cooperativa dentro da economía social
  • Os principios e valores cooperativos
  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas
  • Emprende en cooperativa: apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo

Persoas destinatarias:

  • Persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo

Inscrición: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de porrino@polosemprendemento.gal

 

Descarga o programa

 

Mércores, 26 June, 2024 - 10:00 to 13:00

Compartir