Por admin_eu, 19 Junio, 2025
A Xunta galardoa ao CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño polo seu traballo en prol do cooperativismo entre o alumnado

A Xunta continúa recoñecendo aos colexios premiados no certame Cooperativismo no Ensino da edición de 2025. Nesta ocasión, foi o turno do  CEIP Pintor Antonio Fernández, situado no concello pontevedrés de Tomiño, que foi galardoado co accésit da categoría ao mellor traballo polo proxecto titulado Semetando cooperativismo.

O certame Cooperativismo no ensino é unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que ten coma obxectivo difundir e promover o cooperativismo entre estudantes de todas as etapas educativas en Galicia —desde infantil ata formación profesional e ensinanzas de réxime especial— á vez que se impulsa a realización de actividades para fomentar traballo en equipo, a responsabilidade compartida e a solidariedade entre o alumnado. Durante o mes de xuño, as diferentes entregas de galardóns servirán como antesala á celebración do Día do Cooperativismo Galego o vindeiro 5 de xullo, que baixo o lema As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor e coincidindo co Ano Internacional das Cooperativas este 2025, pretendese  destacar o seu papel crucial no desenvolvemento económico e social, na creación de emprego e na construción de sociedades máis xustas.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta galardoa ao CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño polo seu traballo en prol do cooperativismo entre o alumnado

Data

Categoria