Por admin_eu, 29 Julio, 2025
Premios ao desenvolvemento rural de Galicia

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural celebra a 16ª edición dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia

Cal son os requisitos?

  1. Están dirixidos ás iniciativas que contribúan de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:
    1. Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
    2. Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria e non en fase de deseño ou execución.
  2. Exclúense destes premios as iniciativas:
    1. Promovidas e/ou presentadas por entidades que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia, dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
    2. Que se desenvolvan nos sectores da pesca e a acuicultura.
    3. Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.
    4. Presentadas por entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Que modalidades ten os premios?

  1. Categoría mocidade: Iniciativas levadas a cabo por persoas mozas (menores de 40 anos), ou dirixidas a elas e que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación.
  2. Categoría proxectos de interese social: para as iniciativas orientadas á integración dos colectivos máis desfavorecidos no seu territorio, á inserción laboral e social, ou ao coidado das persoas maiores e/ou dependentes.
  3. Categoría sector agro-gandeiro: para as iniciativas desenvolvidas dentro dos sectores de gandería, agricultura e/ou transformación agroalimentaria.
  4. Categoría mulleres: para as iniciativas levadas a cabo por mulleres ou destinadas a elas no medio rural.
  5. Categoría innovación tecnolóxica: para as iniciativas desenvolvidas no rural galego que incorporen innovacións tecnolóxicas.
  6. Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria: para as iniciativas que contribúan, directa ou indirectamente, a recuperar e poñer en valor terras que estaban infrautilizadas.

En cada categoría concederase un primeiro premio cunha dotación de 10.000 € e un segundo premio cunha dotación de 3.000 €.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 28 de agosto de 2025.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. (Código de procedemento MR709A)

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Premios ao desenvolvemento rural de Galicia

Data

Categoria