Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Xornada de fomento do emprendemento en cooperativa | Pont - up Store 2025
A Unión de Cooperativas Espazocoop organiza a xornada "Xornada de fomento do emprendemento en cooperativa" dentro da programación do Pont - up Store 2025
Data: 19 de setembro
Horario: 10.00 a 14.00 h
Modalidade: presencial
Lugar: aula do 1º andar do teatro principal de pontevedra, entrada por rúa don filiberto, 36002 pontevedra
Obxectivos: esta xornada nace coa vontade de inspirar, conectar e impulsar o emprendemento cooperativo en galicia. Queremos achegar o modelo cooperativo á xente con iniciativa, mostrando que é unha opción real, sostible e competitiva para lanzar un proxecto empresarial. Diríxese tamén a profesionais e persoas prescriptoras de emprego, ás que lles ofreceremos ferramentas e coñecementos para transmitir de forma clara e atractiva as vantaxes do cooperativismo. Ao longo do día fomentaremos o espírito emprendedor como vía para mellorar a empregabilidade e abriremos unha xanela práctica sobre como poñer en marcha unha cooperativa: condicións, pasos clave e recursos dispoñibles. Ademais, compartiremos casos de éxito que poñen en valor o potencial innovador, social e económico deste modelo de empresa, así como a súa gobernanza participativa.
Programa da xornada:
- Presentación dos resultados do programa. Lucía mendoza (espazocoop)
- Mesa debate “cooperativismo e innovación: unha aposta para o futuro” participan: unha cooperativa en proceso de constitución, unha cooperativa recen constituída e unha participantes da fase semente (pendentes definir). Modera: rosa álvarez (espazocoop)
- Obradoiros prácticos:
- Da idea á cooperativa: pasos básicos para constituír unha cooperativa
- Modelos de negocio cooperativo: ferramentas para a sostibilidade empresarialfinanciamento e recursos: alternativas para financiar proxectos cooperativos
- Impartidos por cooperativas e/ou por persoal de espazocoop; especialistas en economía social e financiamento alternativo (pendente)
- Visita pont-up store ós emprendementos do pontup store 2025.
Público obxectivo: persoas, especialmente mocidade, con iniciativa emprendedora ou ideas de negocio, prescriptoras de emprego, participantes do programa, cidadanía en xeral.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: A través de espazo.coop
Descarga o programa

