Por admin_eu, 4 Octubre, 2025
A Xunta pon en valor a promoción e impulso do cooperativismo e da economía social no marco da 5ª edición da Exposición Agrogandeira de Trevinca

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou esta tarde na Veiga a 5ª edición da Exposición Agrogandeira de Trevinca, que reúne gañado bovino, ovino, caprino ou equino, demostracións con maquinaria agrícola ou distintos postos con produtos agroalimentarios. Alí, tamén estivo o alcalde do municipio, Juan Anta, e o conselleiro puxo en valor que a cita está apoiada pola Xunta no marco das axudas para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social que se conceden ao amparo da Rede Eusumo, tendo en conta que o Concello da Veiga é un dos 110 socios desta Rede impulsada polo Goberno galego.

O evento -ao que tamén asistiu pola mañá a directora xeral da Axencia Galega de Denvolvemento Rural, Paz Rodríguez- inclúe charlas sobre tecnoloxía para o sector e postos de artesanía, ademais de actividades infantís. Estará ao dispor do público ata mañá domingo ás 14,30 horas na área Recreativa do Coiñedo.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a promoción e impulso do cooperativismo e da economía social no marco da 5ª edición da Exposición Agrogandeira de Trevinca

Data

Categoria