Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Xornada "Talento Cooperativo"
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a xornada "Talento Cooperativo", un programa de fortalecemento de empresas de economía social no marco da Rede Eusumo.
Data: 23 de outubro 2025
Horario: De 10:00 a 12:30
Modalidade: en liña
Talento Cooperativo prestará apoio ás entidades de economía social facilitando a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer a xestión empresarial e a función xerencial das organizacións beneficiarias dunha bolsa.
Colectivos obxectivos:
- Persoas mozas menores de 30 anos, preferentemente mulleres, que estean a buscar unha alternativa de emprego de calidade que lles permita conciliar a súa vida laboral e persoal.
- Entidades de economía social con necesidades de perfís profesionais en postos de xerencia e dirección.
Calendario e fases:
- Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para cooperativas | Do 30 de maio ao 30 de xuño 2025
- Abrimos a solicitude de Talento Cooperativo para desempregadas con estudos empresariais | Do 1 de xullo a 12 de setembro 2025
- Teleformación das candidatas a bolseiras pre-seleccionadas | de agosto-setembro 2025 | En liña
- Xornada Talento Cooperativo| 23 de outubro 2025
- INICIO das bolsas de prácticas nas cooperativas e empresas de economía social! | Último trimestre de 2025
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de info@espazo.coop
Descarga o cartel
Xornada "Talento Cooperativo"

