Por admin_eu, 23 Octubre, 2025
Arrincan as votacións dos Premios Benfeito 2025

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) abre as votacións da segunda edición dos Premios Benfeito de Consumo, de carácter bianual e que recoñecen a excelencia, a innovación e o compromiso coas persoas consumidoras das empresas asentadas en Galicia. A UCGAL convida á cidadanía para participar no proceso de votación a través das súas canles oficiais. De feito, entre todas as persoas que emitan o seu voto e completen a enquisa que o acompaña sortearanse dúas cestas de produtos galegos valoradas en 100 euros cada unha. 

Nesta edición, as candidaturas preséntanse en tres categorías. En ‘Produtos Alimenticios’ compiten Gadis, Coren, Leite Río, Pescanova e Viña Costeira; en ‘Servizos’, as finalistas son Xenera, Monbus, Caixa Rural, Be One e Alda Hotels; e en ‘Produtos Non Alimenticios’ optan ao premio Pérez Rumbao, Bimba e Lola, Cociñas Santos, NUMAX e Sargadelos. 

Na anterior edición resultaron galardoadas Estrela Galicia, Navieira Mar de Ons e Droguerías Arenal. 

Fonte: La Alacena Roja

Arrincan as votacións dos Premios Benfeito 2025

Data

Categoria