Por admin_eu, 27 Marzo, 2026
A Xunta de Galicia destaca que a Rede Eusumo promoveu a creación de case 270 entidades de economía social que xeraron máis de 540 empregos directos

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Santiago no encontro Facendo máis Rede 2026, unha xornada dirixida ás entidades socias da Rede Eusumo para reforzar o traballo en rede, compartir iniciativas e avanzar na cooperación entre os distintos axentes vinculados á economía social. Con 115 entidades adheridas desde a súa creación en 2012, destacou que esta Rede que serve de ferramenta de cooperación, acompañamento e dinamización do emprendemento no eido da economía social permitiu crear en Galicia 264 proxectos que xeraron máis de 540 empregos directos.

Cómpre recordar que poden sumarse á Rede Eusumo as entidades locais, asociacións de entidades de economía social, asociacións empresariais, universidades, fundacións ou cámaras de comercio. Máis aló do emprendemento e emprego consolidado, a Rede ten organizado máis de 2.000 actividades formativas e informativas, ás que asistiron preto de 39.000 persoas. Ademais, asesorou máis de 1.500 grupos promotores para o impulso de proxectos cooperativos, con máis de 3.000 persoas implicadas.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Igualdade

Encontro Eusumo 2026

Data

Categoria