Por admin_eu, 12 Abril, 2026
A Xunta aborda no seo do Consello Galego de Cooperativas as liñas de traballo de 2026 para seguir reforzando o sector na comunidade

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta semana nunha nova reunión da comisión permanente do Consello Galego de Cooperativas, máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade. Durante o encontro abordáronse, xunto co sector, os avances na nova Lei de Cooperativas, que se aprobará proximamente e que ten como obxectivo facilitar a creación de novas entidades, impulsar a súa presenza en todos os sectores produtivos e favorecer a profesionalización e dixitalización das xa existentes.

Así mesmo, analizáronse as accións previstas con motivo do Día do Cooperativismo 2026, que se celebrará o vindeiro 4 de xullo, e as distintas ordes de axudas dirixidas ao sector que impulsa o Goberno galego. Entre elas, salientouse medidas con prazo aberto como o programa Aprol Economía Social —que pode solicitarse ata o 16 de setembro— e animouse a participar nos Premios á Cooperación e nos Premios ao Cooperativismo no Ensino, que pechan candidaturas o día 30 deste mes. Pablo Fernández destacou que todas estas medidas se enmarcan no compromiso da Xunta coa economía social, á que se destinan este ano 45 M€ no contexto da Estratexia Galega de Economía Social, unha planificación con horizonte no ano 2027.

Fonte: C. de Emprego, Comercio e Emigración

Consello Galego de Cooperativas

Data

Categoria