Por admin_eu, 5 Junio, 2026
O Encontro Medrando Xuntas reunirá na Cidade da Cultura ás mulleres da Economía Social galega

A Cidade da Cultura acollerá o Encontro Medrando Xuntas, a cita anual do programa Medrando Xuntas, impulsado pola Xunta de Galicia para visibilizar e fortalecer o papel das mulleres na Economía Social galega.

A xornada celebrarase o vindeiro 19 de xuño, entre as 12:30 e as 14:00 horas, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e reunirá a socias, traballadoras, directivas e emprendedoras chegadas de diferentes puntos de Galicia. Será unha oportunidade para parar, compartir experiencias e coñecer de preto as iniciativas e traxectorias doutras mulleres que, desde o cooperativismo e outras fórmulas da Economía Social, contribúen cada día a un modelo económico máis xusto, colaborativo e sostible.

Ao longo dos últimos anos, Medrando Xuntas consolidouse como un espazo de encontro e aprendizaxe para as mulleres do sector. O acto deste 19 de xuño permitirá reforzar eses vínculos e seguir tecendo rede.

O Encontro Medrando Xuntas acollerá tamén a entrega dos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa, unha iniciativa que busca poñer en valor aqueles proxectos destacados da Economía Social galega liderados por mulleres e que teñen un impacto positivo nas súas vidas. 

As persoas interesadas en asistir xa poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario.

Evento Medrando Xuntas

Encontro Medrando Xuntas 2026

Data

Categoria