Por admin_eu, 9 Junio, 2026
Pont-Up Store abre o prazo de candidaturas para a súa 13ª edición

O encontro de emprendemento celebrarase os días 11 e 12 de setembro na Praza de España de Pontevedra. As candidaturas pódense presentar ata o 3 de xullo de forma gratuíta.

A Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store abre o prazo para que emprendementos con menos de 3,5 anos poidan participar na súa 13ª edición, que terá lugar os días 11 e 12 de setembro de 2025 na Praza de España de Pontevedra.

O evento, promovido desde o Campus CREA da Universidade de Vigo e co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, conta coa colaboración de máis de 50 entidades públicas e privadas e consolídase como un dos principais espazos de referencia do ecosistema emprendedor galego.

Tres modalidades de participación gratuítas

As candidaturas poden presentarse a unha ou varias das seguintes modalidades:

  • Stand gratuíto: os emprendementos seleccionados disporán dun espazo propio durante os dous días do evento, entre máis de 30 stands dispoñibles.
  • Actividade demostrativa: posibilidade de propor unha actividade para o programa oficial, na que cada emprendemento achega os seus propios materiais.
  • Pont-Up Venture: ata 8 empresas seleccionadas terán a oportunidade de presentar o seu proxecto en 3 minutos diante dun xurado de expertos en inversións.

Quen xa participou en edicións anteriores pode presentar candidatura para modalidades distintas das que utilizou previamente.

Prazo e resolución

As candidaturas poderanse enviar ata o 3 de xullo a través da web www.pontupstore.com. A decisión do comité organizador farase pública a finais de xullo.

Pont-up store

Pont-Up Store Pontevedra

Data

Categoria