Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Medrando Xuntas Entre Mulleres
O programa Medrando Xuntas e a Asociación "Entre Mulleres" organizan un encontro para mulleres emprendedoras do rural. Neste encontro coñecerás de primeira man o programa Medrando Xuntas ademais dun proxecto literario de Isabel Delagranja sobre mulleres rurais.
Data: xoves, 25 de xuño
Horario: 19:30 - 21:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede da Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres. R/ Ramón Peinador, 38 baixo. Mondariz Balneario
Programa do encontro:
- Presentación da Rede Eusumo - Medrando Xuntas
- Presentación do proxecto Memoria da Terra. de Isabel Delagranxa
- Momento aberto de presentacións, consultas e aportacións de participantes
- Café networking. Conversas informacis e intercambio de contactos e experiencias
Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio. Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.

