Por admin_eu, 14 Julio, 2026
Coñece as subvencións ao emprendemento feminino e as formas xurídicas a adoptar

Este encontro é unha oportunidade para achegar ás mulleres emprendedoras información práctica, recursos e acompañamento real para dar forma ás súas ideas de negocio ou impulsar proxectos xa en marcha. Un espazo, organizado polo Polo de Baños de Molgas, pensado para aprender, resolver dúbidas e compartir experiencias que axuden a avanzar con máis seguridade no camiño emprendedor.

Data: martes, 14 de xullo

Horario: 10:00 - 12:30 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Xardíns Rosalia de Castro, 1, Maceda, Concello de Maceda

Programa do encontro:

  • Presentación do Polo e os seus servicios
  • Explicación das principais axudas e subvencións da nosa consellería dirixidas a mulleres tanto a novas emprendedoras coma aquelas con proxectos iniciados e/ou consolidados
  • Explicación das principais formas xurídicas
  • Que é Economía social. Relatorio a cargo de Álex Pereira
  • Que é o Programa Medrando Xuntas Relatorio a cargo de Cristina Mosteiro
  • Rolda de preguntas e aclaración de dúbidas

Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Anímate a participar! Investe unhas horas en coñecer información útil, resolver dúbidas, conectar con outras mulleres emprendedoras e dar un paso máis cara ao teu futuro profesional.

MX polos emprendemento

Data

Categoria