Por admin_eu, 8 Octubre, 2026
Cooperativismo de consumo e comunidades enerxéticas

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop organiza a xornada "Cooperativismo de consumo e comunidades enerxéticas", un encontro para tratar respostas cooperativas ás formas de consumir, outras maneiras de entender e practicar o consumo e como contribuír á transición ecosocial en sectores emerxentes como as enerxías renovables, economía circular, ou a vivenda en cesión de uso.

Fecha: 8 de outubro

Horario: 10:00 - 13:30 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Guardabosques (Ecooo S. Coop.) Donelle, Sober

Programa:

  • Relatorios - Situación do cooperativismo de consumo e promoción das comunidades enerxéticas renovables
  • Mesa - Análise dos principais retos e oportunidades: trámites administrativos, financiamento, inclusión social e escalabilidade
  • Mesa - Casos reais e aprendizaxes clave. Comunidades enerxéticas e Cooperativas de consumo e innovación social: a vivenda en cesión de uso.
  • Presentación de aprendizaxes de EC4RURAL - Presentación e lanzamento da formación Acción colectiva para a transición enerxética.
  • Debate aberto
  • Peche institucional

Formulario de inscricións aberto a través da seguinte ligazón.

Para máis información contacta a través do teléfono 981 57 55 78 ou no correo info@espazo.coop

EC4RURALPrograma xornada espazocoop

EC4RURAL Espazocoop

Data

Categoria