By admin_eu, 19 Março, 2025
A economía social galega estará presente no Galicia Fórum Gastonómico 2025

A economía social de Galicia estará presente, da man da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no Galicia Fórum Gastronómico 2025, que terá lugar en Expocoruña entre o 23 e o 25 de Marzo.

Na súa 10ª edición en Galicia o programa contará coa presenza de grandes chefs que cociñarán en directo tanto no  Auditorio como nos Obradoiros, nos que ofrecerán degustacións.

Na feira haberá un espazo reservado para que 8 cooperativas galegas de diferentes sectores mostren ao público e aos profesionais asistentes os seus produtos:

Produtos lácteos e derivados

  • Condado Paradanta, S. Coop. Galega  
  • Productores del Campo de Capela, S. Coop. Galega

Produtos hortofrutícolas

  • Milhulloa, S. Coop. Galega
  • Terras da Mariña, S. Coop. Galega

Produtos cárnicos

  • Verín Biocoop, S. Coop. Galega

Outros Produtos

  • A Factoría do Lume, S. Coop. Galega
  • Daveiga - Lugar da Veiga (Sociedade Limitada Laboral)
  • Distribuciones A Moenda, S.L. (Centro Especial de Emprego)

Para máis información sobre a feira, visita www.galiciaforumgastronomico.com

 

Consulta o dossier das cooperativas expositoras

A economía social galega estará presente no Galicia Fórum Gastonómico 2025

Data