A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
CURSO: XESTIÓN DE CONFLICTOS NAS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL
Datas: 4, 5, 6, 11 e 12 de maio de 2021
Horario: 10:00 - 13:00 h
Modalidade: on line
Duración: 15 horas
Obxectivos: O curso pretende achegar coñecementos e claves para a creación dunha estratexia empresarial valida e adaptada ás características básicas da empresas denominadas de economía social. Ademais, permitirá dispoñer de forma eficaz das ferramentas necesarias para a posta en marcha de Órganos sociais eficaces para o manexo de reunións eficientes e equipos de traballo cohesionados.
Non é preciso ter coñecementos previos para acudir á presente formación.
Contidos:
O curso pretende achegar os coñecementos teóricos necesarios para o control, dirección e execución de políticas en cooperativas, sociedades laborais e demais entidades afíns á economía social.
Par iso combinaranse fundamentos teóricos con casos reais baseados en situacións de pemes e micropemes galegas sobre as cales se realizaron servizos de apoio e consultaría. Trátase de achegar unha visión esencialmente práctica e aplicable ao día a día na empresa.
Programa :
• Características das empresas de economía social
Definición dos valores e principios da economía social, aspectos crave a ter en conta para os socios e socias das mesmas.
• Órganos sociais de xestión: as reunións e as asambleas
Xestión eficaz das reunións e xestión do tempo nas mesmas, o moderador. Participación responsable.
• Principais causas de conflito
As persoas dentro da organización e as súas funcións. Metodoloxía para a identificación e prevención de problemas cotiáns.
• Instrumentación dos procedementos de negociación
Definición das características dun bo negociador, estratexias, técnicas e tácticas de negociación.
Inscricións: