Cursos gratuítos en liña para o emprendemento

O Concello de Narón organiza os seguintes cursos no marco da Rede Eusumo:

  • A fórmula cooperativa como iniciativa emprendedora (7 sept - 4 out)
  • Planificación empresarial no modelo cooperativo (14 sept - 11 out)
  • Financiamento. Instrumentos éticos e alternativos para emprender (21 sept - 19 out)
  • Responsabilidade social empresarial para as cooperativas (28 sept -  26 out)

Modalidade: en liña

Duración: 60 h cada curso

Colectivos prioritarios: mulleres, persoas con diversidade funcional, persoas en risco de exclusión social, persoas vinculadas coa economía social e persoas desempregadas.

 

"A fórmula cooperativa como iniciativa emprendedora”.
Ten como obxectivos:
• Analizar o perfil da persoa emprendedora, despertando e potenciando un espírito e actitude emprendedoras desde unha cultura cooperativa.
• Describir a estrutura e fundamentos dunha empresa cooperativa, revisando os trámites precisos para a súa posta en marcha.
• Coñecer a natureza xurídica e os fundamentos formais do modelo cooperativo.
• Adquirir as pautas e nocións básicas para describir axeitadamente unha idea de negocio e analizar as súas potencialidades

Temario:
1. Que é unha empresa? Empresa e empresario/a. A empresa cooperativa
2. Perfil da persoa emprendedora.
3. Aspectos xurídicos e formais. Trámites para a constitución da cooperativa
4. O réxime económico, fiscal e laboral das cooperativas
5. A idea de negocio. Elaboración do plan de empresa cooperativa
6. Que ofrecemos?
7. Como o facemos?
8. Como o vendemos? A mercadotecnia
9. O plan económico e financeiro
10. Os órganos sociais da cooperativa. A participación nas cooperativas
11. A xestión do equipo humano
12. Recursos, ferramentas e axudas para o emprendemento cooperativo

“Planificación empresarial no modelo cooperativo”.
Ten como obxectivos:
• Comprender a utilidade e importancia dun plan de empresa cooperativa e coñecer e capacitar ao alumnado para a súa elaboración.
• Singularizar a empresa cooperativa en relación coas empresas capitalistas convencionais.
• Coñecer os conceptos clave e empregar as ferramentas para elaborar os plans de mercadotecnia, económico-financeiro, produción e de recursos humanos.
• Adquirir os coñecementos para a toma de decisións formais e organizativas nunha organización.

Temario:
1. Introdución. A importancia do plan de empresa
2. A empresa cooperativa
3. Os primeiros elementos dun plan de empresa
4. Descrición do negocio. O produto e o servizo
5. Plan de operacións de calidade
6. Plan de mercadotecnia estratéxica
7. Plan de mercadotecnia operativa
8. Plan de recursos humanos
9. Plan económico-financeiro
10. Plan xurídico, laboral e fiscal

“Financiamento. Instrumentos éticos e alternativos para emprender”.
Ten como obxectivos:
• Introducir os conceptos básicos sobre o funcionamento dunha economía e o papel do diñeiro, analizando as diferenzas entre economía real e economía especulativa.
• Reflexionar sobre as decisións económicas que unha persoa, empresa ou colectividade ten que tomar ao longo da súa vida, fomentando a cultura da responsabilidade.
• Describir os diferentes mercados,produtos e intermediarios financeiros existentes e o seu funcionamento, analizando as alternativas éticas e solidarias existentes desde unha perspectiva emprendedora.
• Sensibilizar sobre a importancia da ética nas finanzas e a responsabilidade social do sector financeiro.
• Contribuír ao desenvolvemento dunha cultura, actitudes e comportamentos orientados á innovación.

Temario:
1. O funcionamento da economía e o papel do diñeiro nunha economía moderna
2. As decisións económicas de carácter persoal
3. O prezo do diñeiro e o aforro
4. Os produtos financeiros
5. Economía produtiva e economía especulativa
6. Conceptos sobre política económica: políticas monetaria e fiscal
7. Finanzas para o emprendemento. Finanzas éticas ao servizo das persoas e da economía produtiva
8. Experiencias de finanzas éticas e financiamento solidario en Galiza, no Estado e no mundo
9. Emprender e innovar. A innovación na empresa cooperativa

“Responsabilidade social empresarial para as cooperativas”.
Ten como obxectivos:
• Estudar as claves fundamentais da Responsabilidade Social Empresarial e da súa aplicación nas organizacións e contornas actuais.
• Revisar e manexar as principais ferramentas existentes para a medición e análise da aplicación das diferentes medidas de Responsabilidade Social Empresarial nunha organización.
• Analizar a aplicación específica de medidas de Responsabilidade Social Empresarial no caso específico da fórmula empresarial cooperativa.
• Coñecer o concepto e implicacións do balance social.

Temario:
1.- A RESPONSABILIDADE SOCIAL NAS EMPRESAS
2.- COMO MEDIR A RSE
3.- A RSE NAS EMPRESAS COOPERATIVAS

 

Inscricións (do 7 de setembro ao 8 de outubro): 

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario

 

Martes, 7 September, 2021 - 10:00 to Martes, 26 October, 2021 - 10:00

Compartir