A Xunta garante a participación das entidades de economía social nos programas de axuda dirixidos á reactivación

A Administración autonómica asegura que as bases reguladoras dos apoios, incentivos ou servizos terán en conta ás entidades de economía social.

O goberno galego mantén o seu compromiso coa economía social, á que leva destinado desde 2016 un 80% máis de orzamento para desenvolver este modelo centrado nas persoas, integrador, que proporciona emprego de calidade e contribúe a unha redistribución da riqueza máis equitativa.

PARTICIPACIÓN NAS MEDIDAS DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA

A participación das entidades de economía social neste tipo de axudas está garantizada. A administración autonómica asegura que as bases reguladoras dos programas, incentivos e servizos que xestiona e que se dirixen tanto a empresas como a traballadores, terán en conta a estas entidades de economía social, que están chamadas a xogar un importante papel na recuperación económica e laboral no contexto poscovid-19.

CONSOLIDACIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL

A economía social ten un peso dun 7 % do PIB, dando emprego directo a case 25.000 persoas en Galicia e agrupando a outras 74.000 como persoas socias, comuneiras ou mutualistas.
No 2019 se crearon 110 cooperativas, 33 sociedades laborais, 5 centros especiais de emprego e 2 empresas de inserción.

LABOR ESENCIAL

As empresas da economía social son xeradoras de riqueza, dinamizadoras da economía e cunha forte raizame no territorio. Estos son os motivos polos que Xunta permitirá que estas entidades teñan cabida nas medidas que se van poñer en marcha con motivo da aposta pola reactivación económica, xa que realizan unha actividade empresarial de mercado e realizan unha labor esencial.

BASES REGULADORAS

Co obxecto de garantir a participación das cooperativas, as sociedades laborais, os centros especiais de emprego e as compañías de inserción, as bases reguladoras das medidas non limitarán a participación en función da forma xurídica das beneficiarias, polo que non incluirán como requisito excluínte ser empresa mercantil ou a inscrición no Rexistro Mercantil, e tampouco limitarán a participación de empresas polo feito de non ter ánimo lucrativo.

Para visualizar a comunicación do Consello de goberno da Xunta de Galicia do 25 de xuño sobre a participación das entidades de economía social nos programas de axuda dirixidos á reactivación preme aquí.

 

Xoves, 25 June, 2020 - 13:30

Compartir