NOVA EDICIÓN DE #MULLERESNAECONOMÍASOCIAL PARA CONMEMORAR O 8M

NOVA EDICIÓN DE #MULLERESNAECONOMÍASOCIAL PARA CONMEMORAR O 8M

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, con motivo do Día Internacional da Muller pon en marcha a terceira edición da campaña online Mulleres na economía social que está protagonizada por mulleres. As pezas dixitais pretenden reivindicar e poñer en valor o papel destacado das mulleres da economía social, un modelo de xeración de riqueza que aposta pola igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sustentable. 

A iniciativa, que pode seguirse ao longo do mes de marzo través do hashtag #MulleresNaEconomíaSocial, súmase ao resto de iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia para conmemorar o 8 de marzo. A particularidade da campaña é que está protagonizada por mulleres de entidades da economía social de Galicia, entre elas, Nuria, Helena, Eva e María e moitas outras, que amosan o empoderamento feminino das entidades de economía social nas que traballan: Artigo 14, SomosTerra, EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galega, Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional, Fundación Érguete Integración, Cormo Integral Empresa de Inserción e a Cooperativa Vitivinícola Arousana, que comercializa a marca de albariño Paco & Lola.

A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres é un dos fundamentos da economía social e a Dirección Xeral de Emprego, Traballo e Economía Social aposta, un ano máis, por homenaxear ás mulleres da economía social co gallo do 8 de marzo. As figuras lexislativas que forman parte da economía social son, entre outras, as cooperativas, fundacións, asociacións con ánimo de lucro, sociedades laborais, confrarías, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral e mutuas. En todas elas priman ás persoas e o fin social, a xestión democrática, o desenvolvemento local, a inserción de persoas en risco de exclusión social, a xeración de emprego de calidade e a conciliación da vida familiar e laboral.

Fotograma do vídeo a través do cal se pode acceder ao vídeo en Youtube

 

 

Sábado, 6 March, 2021 - 09:00 to Luns, 8 March, 2021 - 09:00

Compartir