Curso: xestión de conflictos nas empresas de economía social

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

CURSO: XESTIÓN DE CONFLICTOS NAS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL
 

Datas: 4, 5, 6, 11 e 12 de maio de 2021

Horario: 10:00 - 13:00 h

Modalidade: on line

Duración: 15 horas

Obxectivos: ​O curso pretende achegar coñecementos e claves para a creación dunha estratexia empresarial valida e adaptada ás características básicas da empresas denominadas de economía social. Ademais, permitirá dispoñer de forma eficaz das ferramentas necesarias para a posta en marcha de Órganos sociais eficaces para o manexo de reunións eficientes e equipos de traballo cohesionados. 
Non é preciso ter coñecementos previos para acudir á presente formación.

Contidos:

O curso pretende achegar os coñecementos teóricos necesarios para o control, dirección e execución de políticas en cooperativas, sociedades laborais e demais entidades afíns á economía social. 
Par iso combinaranse fundamentos teóricos con casos reais baseados en situacións de pemes e micropemes galegas sobre as cales se realizaron servizos de apoio e consultaría. Trátase de achegar unha visión esencialmente práctica e aplicable ao día a día na empresa.
 
Programa :
 
• Características das empresas de economía social 
Definición dos valores e principios da economía social, aspectos crave a ter en conta para os socios e socias das mesmas. 
 
• Órganos sociais de xestión: as reunións e as asambleas 
Xestión eficaz das reunións e xestión do tempo nas mesmas, o moderador. Participación responsable. 
 
• Principais causas de conflito 
As persoas dentro da organización e as súas funcións. Metodoloxía para a identificación e prevención de problemas cotiáns. 
 
• Instrumentación dos procedementos de negociación 
Definición das características dun bo negociador, estratexias, técnicas e tácticas de negociación.

Inscricións:

Martes, 4 Maio, 2021 - 09:00 to Mércores, 12 Maio, 2021 - 13:00

Compartir