Programa Medrando Xuntas 2019

A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha a terceira edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social. Terá lugar entre os meses de abril e xullo de xuño de 2019.

Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.

Ademais, realizarase o II Foro Medrando Xuntas, aberto a todas as mulleres da economía social, un espazo de conversa sobre os retos, desafíos e oportunidades que as mulleres teñen no seu desenvolvemento profesional.

Medrando Xuntas Directivas ofrece unha formación de 60 horas de duración que terá lugar en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública, nas datas:

Podes consultar aquí o programa detallado.
 

Medrando Xuntas Socias e Traballadoras é unha actividade formativa de 20 horas de duración que terá lugar en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, nas datas:

Podes consultar aquí o programa detallado.
 

As inscricións pódense realizar a través dun dos seguintes formularios web:

O prazo para inscribirse remata o venres 29 de marzo.

 

Venres, 5 April, 2019 - 09:00 to Venres, 5 July, 2019 - 09:00

Compartir