REAS Galicia convoca o 5º Encontro de Economía Alternativa e Solidaria

REAS Galicia convoca o 5º Encontro aberto de Economía Alternativa e Solidaria para entidades de economía social.

Data: 19 de setembro

Horario: de 11:00 a 17:30 horas

Lugar: no Casino 1889, rúa Lugo, Carballo (A Coruña)

Programa:

11:00 - 11:15 h: Benvida do Casino 1889
11:15 - 11:30 h: Presentación de REAS
11:30 - 13:00 h: REAScunchiño. Micropresentacións das entidades asistentes
13:00 - 14:30 h: Debate: Como aproveitarnos da rede de economía social ecofeminista para saír da crise?
14:30 - 16:00 h: Xantar
16:00 - 17:30 h: Mercado social galego. Actividade interna para socias de REAS.

Se desexas asistir ao encontro debes cubrir este formulario de inscrición (as prazas son limitadas e encheranse por orde de inscrición).
Se quixeras facer unha micropresentación do teu proxecto no Reascunchiño debes escribir a seguinte dirección de correo electrónico: proxectos_reasgz@reasnet.com

Todo o encontro retransmitirase por streaming no Facebook de Reas Galicia a través deste enlace: https://www.facebook.com/events/317740269555624
A ligazón do Instagram é a seguinte: https://www.instagram.com/p/CE2ENXmDPHi/
E a do twitter: https://twitter.com/REAS_Galicia/status/1303018003349622786/photo/1
 

Sábado, 19 September, 2020 - 11:00 to 17:30

Compartir